Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022
Imagen
 RUTA XACOBEA DO MAR DE AROUSA E RÍO ULLA Continuando coa nosa peregrinación e coa aprendizaxe sobre a ruta da Orixe, o martes 24 subimos a un catamarán en Rianxo e navegamos polo camiño que segundo a lenda, seguiron os discípulos do apóstolo Santiago cando trasladaron os seus restos dende Palestina a Iria Flavia nunha barca. Puidemos descubrir os cruceiros que conforman o Vía Crucis acuático así como ver dende outra perspectiva as Torres do Oeste.
Imagen
             ANDAINA CAMIÑO  A ORIXE: CORRUBEDO LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN O  día 26 de abril fixemos a nosa segunda andaina. Estivemos en Corrubedo, onde comeza o  camiño  A ORIXE. Tamén visitamos o CIELGA, centro de Interpretación dos ecosistemas litorais de Galicia e o mirador da pedra da Rá. Dende este mirador puidemos ver as Lagoas de Carregal e Vixán, as dunas de Olveira e a illa s Sálvora.