Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

CREDENCIAL XACOBEA

Imagen
E igual que os peregrinos sellan a súa credencial en cada etapa do camiño,  nós tamén tivemos os nosos sellos e a nosa credencial. 

A Orixe

Imagen
 Moito aprendemos este curso sobre o Camiño de Santiago.   Todo o alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria traballamos o camiño A Orixe, que comeza no Faro de Corrubedo e remata en Santiago de Compostela.  Coa axuda da profe Irene, que nos deseñou un impresionante mapa, fomos marcando as etapas feitas co cole ou nalgún caso cada un coa súa familia, xa que moitos alumnos e alumnas aportaron fotos ou obxectos das propias experiencias. Ademais, o alumnado de cada aula traballou con fichas adaptadas a cada nivel coas que se asentaron os coñecementos adquiridos

FIN DO CAMIÑO, CHEGADA Á CATEDRAL

Imagen
 E por fin chegamos á fin do noso Xacobeo. O martes 14 de xuño, puidemos visitar a Catedral de Santiago de Compostela entrando pola Porta Santa e vimos as fermosas prazas que a arrodean (Obradoiro, Praterías, Quintana...) Foi un día espectacular no que comprobamos que Santiago está cheo de peregrinos.