A Orixe

 Moito aprendemos este curso sobre o Camiño de Santiago. 

 Todo o alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria traballamos o camiño A Orixe, que comeza no Faro de Corrubedo e remata en Santiago de Compostela. 

Coa axuda da profe Irene, que nos deseñou un impresionante mapa, fomos marcando as etapas feitas co cole ou nalgún caso cada un coa súa familia, xa que moitos alumnos e alumnas aportaron fotos ou obxectos das propias experiencias.

Ademais, o alumnado de cada aula traballou con fichas adaptadas a cada nivel coas que se asentaron os coñecementos adquiridos








Comentarios

Entradas populares de este blog